Sigata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sigata foi unha cidade fenicia próxima a Biblos, situada seguramente un chisco ao sur desta.

Foi unha das primeiras cidades conquistadas sobre a metade do século –XIV polos apiru de Amurru (a terceira gran cidade). Crese que era independente e non pertencía a Biblos, ao contrario que a próxima Ampi, pero o rei de Biblos Rib-Hadda ocupouna aos apiru, o que induciu aos exipcios a considerar a Abdi-Asirta leal e non escoitar os avisos do rei de Biblos. Pouco despois Abdi-Asirta, xa co recoñecemento exipcio, recuperouna, xunto coa próxima Ampi e os exipcios deixaron facer. Á morte de Abdi sobre o -1340, o seu fillo Pu-Bahla conservouna e, sobre o -1330, foi integrada no Reino de Amurru, vasalo hitita.