Shorei-ryu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shorei-ryu (kanji: 昭霊流) é un estilo de karate que —do mesmo modo como aconteceu co estilo Shorin-ryu, que foi a evolución natural do Shuri-te e do Tomari-te— no século XIX foi a evolución do estilo Naha-te, porque as súas técnicas teñen como base as técnicas de loita practicadas no Templo Shoreiji, no Sur da China. Non obstante, no comezo da súa formación foi influenciado polas técnicas do estilo Shuri-te, pois o mestre Kanryo Higaonna, o máis coñecido desta liñaxe, o practicou pronto no inicio do seu adestramento en karate.[1][2]

Caracterízase por conter técnicas fortes e un gran número de bases moi baixas e adestramento pesado, para desenvolver a resistencia e forza física. Os movementos son baseados e teñen a finalidade de imitar as accións de cinco animais tradicionais do Chuan fa. Tamén se acostuma ensinar a utilización das armas tradicionais de Okinawa (Kobudo).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mario McKenna. "Okinawa Kata Classification An Historical Overview" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  2. "Histoire Du Karate Du Shorei Ryu Au Hoju Ryu" (en francés). Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  3. Scott Wiseman. "Shorei-Ryu Karate: Descendant of Naha-Te" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2014.