Shuri-te

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shuri-te (kanji: 首里手, hiragana: しゅりて), ou Suidī (en lingua okinawana), é un estilo dos tres estilos primordiais de karate, que foi creado aínda na época en que a arte marcial de Okinawa era coñecida como Tode, ou "man chinesa". A súa denominación se debe á súa orixe, porque xurdiu na cidade de Shuri, a vella capital do extinguido Reino de Ryukyu, actualmente unha provincia xaponesa.[1]

O conxunto principal de técnicas comprende golpes retos e defensas en ángulo. Para conservar a forza, os golpes ofensivos visan sempre un punto vital, o que mostra a primacía de golpes contundentes (atemi waza), como moquetes e patadas, que teñen a finalidade de acabar cun combate nun único movemento, coñecido como ikken hissatsu.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Karate-Do - História: O Karate-Do e sua origem" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de febreiro de 2014. 
  2. "História do Karate-do Shorin Ryu" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2014. Consultado o 12 de febreiro de 2014.