Shi Jian 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shi Jian 1 / SJ 1
TipoCientífico
FabricanteCAST
Destino actualReentrado na atmosfera.[1][2][3]
Data de lanzamento3 de marzo de 1971[1][4][5][6]
Foguete portadorCZ-1[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[1][2]
Obxectivo da misiónMedicións da contorna terrestre.[1][2]
Decaemento17 de xuño de 1979[4]
NSSDC ID1971-018A
Masa221 kg[1]

Shi Jian 1 ou SJ 1 foi un satélite artificial da China lanzado o 3 de marzo de 1971 a bordo dun foguete CZ-1 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

SJ 1 foi o segundo satélite artificial lanzado pola China. Foi deseñado pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés). Tiña unha masa de 221 kg e forma de esfera de 1 m de diámetro, similar á do primeiro satélite chinés, o Dong Fang Hong 1. Alimentábase mediante células solares e levaba a bordo dous instrumentos: un contador Geiger-Müller para a detección de raios cósmicos e a medición de protóns con enerxías de máis de 16,4 MeV e electróns de máis de 0,88 MeV; e unha cámara de ionización para medir os raios X solares.[1][2][3]

O satélite estivo funcionando durante oito anos. Reentrou na atmosfera o 17 de xuño de 1979.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shijian 1" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Mark Wade (2021). "SJ" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SJ 1" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SJ-1" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  5. Claude Lafleur (2021). "JQ / Chang Zheng 1 (Chinasat 2)" (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  6. "Note verbale dated 8 June 2005 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary- General" (PDF) (05-86264 (E)). 16 de novembro de 2005: 2. Consultado o 29 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]