Saltar ao contido

Shenzhou 9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shenzhou 8
Shenzhou 9 acoplada a Tiangong 1
TipoTripulado
Data de lanzamento16 de xuño de 2012[1][2][3]
Foguete portadorCZ-2F[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][5]
Duración da misiónTrece días[2][5]
Obxectivo da misiónAcoplamento tripulado coa estación espacial Tiangong 1.[2][5]
Regreso29 de xuño de 2012[1][5]
NSSDC ID2012-032A
Masa8080 kg[2][4][5]

Shenzhou 9 foi unha misión que levou a cabo o primeiro acoplamento tripulado entre unha nave Shenzhou e unha estación espacial, a Tiangong 1, e a primeira misión chinesa na que voou unha muller, Liu Yang. Foi lanzada o 16 de xuño de 2012 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[2][4]

Características

[editar | editar a fonte]

Shenzhou 9 foi unha misión tripulada que se acoplou á primeira estación espacial chinesa, a Tiangong 1, deshabitada no momento dos acoplamentos. Shenzhou 9 permaneceu en órbita 13 días, durante os cales se fixeron dous acoplamentos e a tripulación levou a cabo diversos experimentos a bordo. A cápsula de retorno retornou a terra o 29 de xuño.[2][3][4]

  1. 1 2 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SZ-9" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shenzhou 9" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021.
  3. 1 2 Claude Lafleur (2021). "Shenzhou IX" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021.
  4. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Shenzhou 8, 9, 10, 11, 12 (SZ 8, 9, 10, 11, 12)" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021.
  5. 1 2 3 4 5 Mark Wade (2021). "Shenzhou 8, 9, 10, 11, 12" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]