Servitas da Inmaculada Concepción
Aparencia
Os Servitas da Inmaculada Concepción foron unha congregación relixiosa católica fundada en 1864 polo sacerdote xeorxiano Petre Kharischirashvili en Constantinopla, co propósito de atender as necesidades espirituais dos católicos xeorxianos.[1] A congregación foi aprobada polo papa Pío IX o 29 de maio de 1875.[1] A aprobación foi multi-ritual, para os ritos latino, armenio e bizantino, os dous primeiros a ser empregados na propia Xeorxia, e o terceiro para conservar a forma xeorxiana do rito bizantino, prohibida aos católicos no Imperio Ruso, no mosteiro de Constantinopla e casa nai da congregación.[1] Os candidatos ao sacerdocio eran ordenados polo bispo de Saratov.[1]
Superiores da Congregación
[editar | editar a fonte]Os superiores da congregación foron os seguintes:[2]
- Petre Kharischirashvili (1861 - 1890)
- Stepane Giorgidze (1892 - 1898)
- Alponsi Khitarishvili (1898 - 1905)
- Benedikte Vardidze (1905 - 1912)
- Pio Balidze (1912 - 1921)
- Shio Batmanishvili (1922 - 1937)
- Benedikte Vardidze (1937 - 1942)
- Pio Balidze (1942 - 1956)
- Petre Tatalashvili (1956 - 1961)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Rudge, Florence Marie; Steele, Francesca Maria (1913). "Congregation of the Immaculate Conception". En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) VII.
- ↑ Assfalg, Julius (l957). "Die kirchliche georgische Literatur. Ein Ueberblick aufgrund des neuesten Buches von P. M. Tarchnischvili, I". Bedi Kartlisa: 44–51.