Servitas da Inmaculada Concepción
Aparencia
| Servitas da Inmaculada Concepción | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |

Os Servitas da Inmaculada Concepción foron unha congregación relixiosa católica fundada en 1864 polo sacerdote xeorxiano Petre Kharischirashvili en Constantinopla, co propósito de atender as necesidades espirituais dos católicos xeorxianos.[1] A congregación foi aprobada polo papa Pío IX o 29 de maio de 1875.[1] A aprobación foi multi-ritual, para os ritos latino, armenio e bizantino, os dous primeiros a ser empregados na propia Xeorxia, e o terceiro para conservar a forma xeorxiana do rito bizantino, prohibida aos católicos no Imperio Ruso, no mosteiro de Constantinopla e casa nai da congregación.[1] Os candidatos ao sacerdocio eran ordenados polo bispo de Saratov.[1]
Superiores da Congregación
[editar | editar a fonte]Os superiores da congregación foron os seguintes:[2]
- Petre Kharischirashvili (1861 - 1890)
- Stepane Giorgidze (1892 - 1898)
- Alponsi Khitarishvili (1898 - 1905)
- Benedikte Vardidze (1905 - 1912)
- Pio Balidze (1912 - 1921)
- Shio Batmanishvili (1922 - 1937)
- Benedikte Vardidze (1937 - 1942)
- Pio Balidze (1942 - 1956)
- Petre Tatalashvili (1956 - 1961)
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 Rudge, Florence Marie; Steele, Francesca Maria (1913). "Congregation of the Immaculate Conception". En Herbermann, Charles George. Catholic Encyclopedia (en inglés) VII.
- ↑ Assfalg, Julius (l957). "Die kirchliche georgische Literatur. Ein Ueberblick aufgrund des neuesten Buches von P. M. Tarchnischvili, I". Bedi Kartlisa: 44–51.