Servando Gerpe
Aparencia
(Redirección desde «Servando Gerpe Calvo»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1872 Santiago de Compostela, España |
Morte | 21 de febreiro de 1928 (55/56 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Irmáns | Lino Gerpe |
Servando Gerpe Calvo, nado en Santiago de Compostela cara a 1872 e finado na Coruña o 21 de febreiro de 1928,[1][2] foi un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Andrés Gerpe Ferro e María Prudencia Calvo e irmán de Lino Gerpe. Militante republicano federal. Foi bedel da Escola de Comercio da Coruña dende 1910.[3] Foi membro da Agrupación socialista da Coruña, da que foi expulsado en 1912.[4] Colaborou na prensa usando o pseudónimo Lorenzo Corchuelo, dirixiu os semanarios El Cosmopolita e Renovación da Coruña e colaborou en La Emigración Española.[5] Finou na Coruña con 55 anos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores García.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 22-2-1928, p. 4.
- ↑ La Emigración Española, 20-3-1928, p. 3.
- ↑ Diario de Galicia, 23-3-1910, p. 2.
- ↑ El Socialista, 29-5-1912, p. 4.
- ↑ La Emigración Española, 15-6-1924, p. 3.