Servando Gómez-Aller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Servando Gómez-Aller
Nacemento?
Falecemento28 de outubro de 1977
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Servando Gómez-Aller de la Vallina Martínez de la Rosa, finado en Vigo o 28 de outubro de 1977,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Galeguista, foi secretario do Grupo Galeguista de Lugo en 1935. Despois da guerra civil foi unha das persoas coas que contactou Ramón Piñeiro para tentar reorganizar o Partido Galeguista.[2] Dende 1944 foi delegado do Instituto Social da Mariña en Vigo. Recibiu a Encomenda de Número da Orde do Mérito civil en 1971.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-10-1977, p. 15.
  2. Que foi dos irmáns? (Carta inédita)
  3. El Pueblo Gallego, 3-4-1971, p. 11.