Serra de Port del Comte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°11′16″N 1°31′20″L / 42.18778, -1.52222

Serra de Port del Comte

A Serra de Port del Comte é unha serra situada no norte do macizo de Port del Comte e que fai de fronteira entre as comarcas do Solsonès e o Alt Urgell e, concretamente, dos concellos de La Coma i la Pedra e La Vansa i Fórnols.

A divisoria de augas, duns 4 km de lonxitude e cunha altitude que supera de forma case permanente os 2.300 metros, segue a dirección SW-NE e presenta catro cumios: la Gespeguera (2.333 m) na banda máis occidental, el Pedró dels Quatre Batlles (2.386,5 m) e la Tossa Pelada (2.379 m) na parte central e el Tossal d'Estivella (2.338 m) no extremo oriental. Un quinto cumio, El Vulturó, de 2.348,9 m de altitude, elévase 582 m ao sur do Pedró dels Quatre Batlles e, polo tanto queda fóra desta liña divisoria.

A vexetación da parte alta redúcese a herba dos prados alpinos que crece entre as pedras e non hai árbores nin arbustos.