Sergio Massa
Sergio Massa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Sergio Tomás Massa |
Nacemento | 28 de abril de 1972 |
Lugar de nacemento | Buenos Aires |
Nacionalidade | Arxentina |
Alma máter | Universidade de Belgrano |
Ocupación | político e avogado |
Cónxuxe | Malena Galmarini |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sergio Tomás Massa, nado en San Martín, Buenos Aires, o 28 de abril de 1972, é un político arxentino, fundador da Fronte Renovadora.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou dereito na Universidade de Belgrano entre 1990 e 1994 pero non chegou a rematar a carreira[1]. Comezou a militar nos seus anos de instituto na liberal conservadora Unión do Centro Democrático chegando a ser presidente provincial. En 1996 entrou no Partido Xusticialista, foi deputado na Cámara de Deputados da Provincia de Buenos Aires (1999-2002), director da Administración Nacional da Seguridade Social (2002-2007), alcalde de Tigre (2007-2008 e 2009-2013), xefe de gabinete de ministros da Arxentina (2008-2009). Xa desligado do kirchnerismo, encabezou en 2013 a lista pola provincia de Buenos Aires da recentemente constituída Fronte Renovadora,[2][3] logrando escano na Cámara de Deputados da Nación Arxentina. Foi tamén dirixente do Club Atlético Tigre, situado na cidade bonaerense de Vitoria.[4] Candidato á presidencia da Arxentina de 2015, nas primarias previas quedou terceiro tras de Daniel Scioli e Mauricio Macri.[5]
Actualmente é o presidente da Cámara de Deputados da Nación Arxentina dende o 10 de decembro de 2019.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fíxoo máis tarde, en 2013 "En plena campaña, Massa se recibió de abogado con un 9, perfil.com, 18 de xullo de 2013 Arquivado 28 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ «Confirmado: Sergio Massa será candidato a diputado».
- ↑ «Sergio Massa será candidato a diputado nacional».
- ↑ ""Sergio Massa es el nuevo jefe de Gabinete", perfil.com 23 de xullo de 2008". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015.
- ↑ ""Sergio Massa queda el tercero en las primarias y llama a superar la división", infolatam.com, 9 de agosto de 2015". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 26 de setembro de 2015.