Daniel Scioli
Daniel Scioli | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Daniel Osvaldo Scioli |
Nacemento | 13 de xaneiro de 1957 |
Lugar de nacemento | Villa Crespo |
Nacionalidade | Arxentina |
Etnia | Imigração italiana na Argentina |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade Argentina da Empresa |
Ocupación | político, empresario, deportista e participante do fórum internacional |
Cónxuxe | Karina Rabolini e Karina Rabolini |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Daniel Osvaldo Scioli, nado en Buenos Aires, o 13 de xaneiro de 1957, é un político, deportista e empresario arxentino, gobernador da provincia de Buenos Aires desde 2007 e candidato á presidencia da Arxentina nas eleccións de 2015.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Durante as décadas de 1980 e 1990, Scioli foi un recoñecido deportista náutico, oito veces campión mundial de motonáutica. Logo de retirarse entrou en política, como membro do Partido Xusticialista polo que foi deputado nacional (1997-2002), e tamén secretario de deportes e mais de turismo (2002-2003).
Foi vicepresidente da República Arxentina durante a presidencia de Néstor Kirchner (2003-2007) e desde o 10 de decembro de 2007 é gobernador da provincia de Buenos Aires, Reelixido en 2011, foi tamén o presidente do Partido Xusticialista entre 2010 e maio de 2014. Candidato a presidente da Arxentina pola Fronte para a Vitoria para as eleccións do ano 2015, acompañado por Carlos Zannini como candidato a vicepresidente.[1] Nas eleccións primarias dese ano logrou o primeiro lugar entre todos os candidatos, impoñendose cun 38,41 % dos votos válidos, triunfando en 20 dos 24 distritos electorais.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Scioli se quedó con el primer test electoral". Diario Páxina 12. 10 de agosto de 2015.
- ↑ "El día después de las PASO: ¿quién ganó provincia por provincia?". Minutouno.com. 10 de agosto de 2015.