Sergio Borrajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSergio Borrajo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Guatemala Editar o valor em Wikidata
Morte14 de febreiro de 1979 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Vitoria Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios


Sergio Borrajo Palacín, nado en San Joaquín (Guatemala) en 1911 e finado en Vitoria o 14 de febreiro de 1979, foi un militar galego, asasinado por ETA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha granxa do sur de Guatemala no seo dunha familia da emigración galega, volveu aos oito anos coa familia para Galicia. Como militar, alistouse no bando nacional na guerra civil española e resultou gravemente ferido. Primeiro foi destinado en Galicia, logo en Madrid e en 1961 enviárono a Vitoria, xa co grao de tenente coronel. Alí encargábase da xestión financeira das mutualidades de guerra no goberno militar de Áraba, aínda que xa estaba oficialmente retirado. Un día ao regresar de traballar foi asasinado por un home que lle disparou no portal do seu edificio.