Serafín Areal Giráldez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1855 O Porriño, España |
Morte | 8 de novembro de 1935 (79/80 anos) |
Alcalde do Porriño | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , político |
Serafín Areal Giráldez, nado en 1855 e finado no Porriño o 8 de novembro de 1935, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comerciante no Porriño. Foi o primeiro correspondente de Faro de Vigo no Porriño.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado vicesecretario do comité local da Unión Patriótica do Porriño en xullo de 1924.[2] Coa proclamación da Segunda República foi nomeado presidente da comisión xestora do Porriño o 25 de abril de 1931.[3] Permaneceu no cargo ata agosto dese ano, pois as eleccións municipais que se repetiron o 31 de maio foron anuladas polo gobernador civil nun dos distritos electorais e houbo que repetirlas o 12 de xullo,[4] obtendo finalmente a vitoria a conxunción republicano-socialista que logrou 10 concelleiros fronte aos 6 dos antigos upetistas, sendo elixido alcalde Marcial Peralba Fontáns[5].[6] Finou no Porriño o 8 de novembro de 1935, con 80 anos.[7][8]
Predecesor: José Carrera Domínguez |
Alcalde do Porriño 1931 |
Sucesor: Marcial Peralba Fontáns |