Selo de Montana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Selo do Estado de Montana
Great Seal of Montana.svg
Versións
Montana territory coat of arms (illustrated, 1876).jpg
Armas históricas (1876)
Detalles
Armiger Estado de Montana
Adoptado 1865
Ordes Oro y plata

O Gran Selo do Montana é un dos símbolos deste estado, e foi aprobado en 1865, cando Montana era un Territorio dos Estados Unidos. Tras converterse en estado en 1889, decidiuse utilizar o mesmo selo.[1] En 1891, fixéronse propostas para intentar cambios ou adoptar un novo selo, aínda que sen chegar a ningún éxito. A coroa circular do selo contén o texto The Great Seal of the State of Montana (O Gran Selo do Estado de Montana). O círculo interior contén unha pa, un pico e un arado, simbolizando a Montana agrícola e mineira. O estandarte na parte inferior mostra o lema de Oro Y Plata, en español, se ben se considerou mudalo polo de Eldorado.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Montana Secretary of State's. "About the State Seal" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2011.