Selo de California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Seal of California.svg

O Gran Selo do Estado de California é o selo oficial do Estado de California, Estados Unidos.

Foi adoptado no transcurso da Convención Constitucional de California de 1849 e modificado en 1937. O selo representa a Atenea (Minerva na mitoloxía romana), deusa grega e romana da sabedoría, un oso pardo (animal oficial do estado) e varios acios de uvas representando a produción de viño do estado. Igualmente atopamos un feixe de cereais, representando á agricultura, e un mineiro, que representa a Febre do ouro de California; os barcos representan o poder económico do Estado. Igualmente, pódese identificar tras todo isto a baía de San Francisco ou o río Sacramento. Sobre todo iso, a palabra "Eureka", lema do estado, que en grego quere dicir Acheino.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]