Sebastián de Aparicio
escultura de Sebastián de Aparicio na Gudiña | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1502 A Gudiña, España |
Morte | 25 de febreiro de 1600 (98 anos) Puebla de Zaragoza, México |
Lugar de sepultura | Puebla |
Relixión | Igrexa católica latina |
Actividade | |
Ocupación | misioneiro, relixioso cristián, arriero (en) |
Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 25 de febreiro |
Sebastián de Aparicio Prado, nado na Gudiña o 20 de xaneiro de 1502 e finado en Puebla (México) o 25 de febreiro de 1600, foi un relixioso franciscano galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A lenda conta que un lobo o curou da peste bubónica cando rapaz[1]. De mozo foi á seitura a Castela, e posteriormente traballou como xornaleiro en Zafra e como criado en Sanlúcar de Barrameda. En 1533 emigrou a México, onde se estableceu na cidade de Puebla como agricultor e gandeiro, e posteriormente entrou no mercado do transporte por estrada, onde avogou pola construción da Ruta da Prata mexicana e mais polo emprego de animais no transporte de mercadorías, en substitución de humanos indíxenas. Logo mercou propiedades na Cidade de México e trasladouse a vivir nelas (en Chapultepec e Atzcapotzalco). Casou por dúas veces, en 1562 e 1564, con dúas rapazas novas, mais as dúas faleceron de forma rápida.
En 1573 doou todas as súas propiedades a un convento de clarisas e ingresou nel como traballador. Ao ano seguinte fíxose frade franciscano en Cidade de México e en 1575 entrou nun convento en Tecali de Herrera, preto de Puebla. En 1576 marchou ao convento de Puebla, onde permaneceu ata a súa morte, traballando como esmolante. Alcumárono "o frade das carretas".
Foi beatificado o 17 de maio de 1789 polo seu labor misioneiro en México. Os seus restos están expostos na igrexa de San Francisco, en Puebla.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Restos de Sebastián de Aparicio na igrexa de San Francisco de Puebla.
-
O beato en procesión na Gudiña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Calvo Moralejo, G.. "25 de febrero: beato Sebastián de Aparicio". Orde Franciscana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Báez Hernández, Montserrat A. (2020). "No bastaba a tanto héroe un solo mundo". Sebastián de Aparicio, un santo de Gudiña para la Angelópolis (en castelán). Enredars. ISBN 978-84-09-19468-1. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2023. Consultado o 28 de marzo de 2023.
- Calvo Moralejo, G. (1973). Emigrante... hay camino: Sebastián de Aparicio. ISBN 84-400-6974-X.
- Filgueira Valverde, X. (1996). A vida do Beato Aparicio nas "Estampas" de Pietro Bombelli. Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-78-4.
- Gallego Fernández, J. (1974). Beato Sebastián de Aparicio. Vidas extraordinarias. Ourense: La Región. ISBN 84-400-7140-X.