Schorndorf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 48°48′N 09°32′L / 48.800, -9.533

Schorndorf
Coat of Arms Schorndorf.svg
2008-06-14SchorndorfMarktplatz01.jpg
Praza do mercado
Localización
PaísAlemaña Alemaña
Demografía
Poboación38.281 (censo 2012)
Densidade673
Outros datos
http://www.schorndorf.de

Schorndorf é unha cidade alemá, pertencente ao estado federal de Baden-Württemberg. Está situada a uns 30 km de Stuttgart e ten 38.281 habitantes (censo 2012), contando cunha densidade de poboación de 673 habitantes por km².        

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade está situada na profundidade do val do Rems, ademais de estar rodeada polos montes Schurwald (ao sur), Berglen e Welzheimer (ao norte). Das montañas do norte veñen dous afluentes pequenos do Rems, o Schornbach e máis o Wieslauf. O Rems cruza Schorndorf do leste ao oeste deixando a cidade vella ao sur.

Cidades lindeiras, enunciadas no sentido do reloxo e comezanto polo oeste, son: Winterbach, Remshalden, Berglen, Rudersberg, Welzheim, Urbac, Adelberg, Wangen e Uhingen, así como Lichtenwald.

A cidade está formada pola Kernstadt (centro) e outros sete distritos ou barrios, que son Buhlbronn, Haubersbronn, Miedelsbach, Oberberken, Schlichten, Schornbach und Weiler/Rems. Estes barrios están subdivididos noutras zonas máis pequenas e coñecidas con outros nomes.

Goberno municipal[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais do 7 de maio de 2009, nas que houbo unha participación do 47,77%, os 32 escanos repartíronse da seguinte maneira:

  • CDU 9 escanos (27,95%),
  • SPD 9 escanos (26,42%),
  • FDP-FW 8 escanos (24,71%),
  • Grüne 5 escanos (15,11%)
  • UB 1 escanos (5,81%).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.