Sarria (periódico)
Sarria | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Sarria foi un semanario editado en Sarria entre 1928 e 1929.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Continuación de El Estrellao, apareceu a finais de 1928 co subtítulo Periódico independiente. Fundado por Rosa María de Oñate Pendergast, o seu director era Jesús Vázquez Saco e mantivo os colaboradores do seu predecesor. Editábase na Imprenta Palacios de Lugo. Recolle información sobre Sarria, pero predominan sobre todo os textos literarios. Editou en folletín a obra teatral Entre fantasmas, escrita por Luis Macía Vázquez e Manuel Saco Rivera. Cesou a súa publicación en 1929.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 382–385. ISBN 84-8192-110-6.