Sarraounia (filme)
Aparencia
Sarraounia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sarraounia |
Director | Med Hondo |
Produtor | Med Hondo |
Guión | Med Hondo Abdoulaye Mamani |
Intérpretes | Aï Keïta |
Música | Pierre Akendengué Abdoulaye Cissé Issouf Compaore |
Fotografía | Guy Famechon |
Montaxe | Marie-Thérèse Boiché |
Estudio | Les Films Soleil O |
Estrea | 26 de novembro de 1986 |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Francia Mauritania Burkina Faso |
Orzamento | 3 000 000 dólares |
Na rede | |
Sarraounia é un filme histórico de 1986 escrito e dirixido por Med Hondo. Baséase nunha novela do mesmo nome do autor nixeriano Abdoulaye Mamani, quen tamén escribiu o guión.[1] A novela e o filme contan a historia real da batalla de Lougou entre a raíña Sarraounia dos azna (hausa animistas) e o exército das tropas coloniais francesas da Misión Voulet-Chanoine en 1899.[1] Sarraounia foi unha dos poucos líderes tribais africanos que resistiu o avance dos expansionistas franceses Paul Voulet e Julien Chanoine. O filme gañou o primeiro premio no Festival de Cinema e Televisión Panafricanas de Uagadugú e foi ben acollido pola crítica.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Aï Keïta como Sarraounia
- Jean-Roger Milo como Capitán Voulet
- Féodor Atkine como Chanoine
- Didier Sauvegrain como Doutor Henric
- Roger Miremont como Tenente Joalland
- Luc-Antoine Diquéro como Tenente Pallier
- Jean-Pierre Castaldi como Sarxento Boutel
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ukadike, Nwachukwu Frank (1994). Black African Cinema. University of California Press. pp. 290–294. ISBN 0-520-07748-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sarraounia na IMDb (en inglés).