Saltar ao contido

Sara Ruddick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSara Ruddick
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1935 Editar o valor en Wikidata
Morte20 de marzo de 2011 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
EducaciónUniversidade Harvard
Vassar College (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofa Editar o valor en Wikidata

Sara Ruddick, nome de nacemento Sara Elizabeth Loop, nada o 17 de febreiro de 1935 e finada o 20 de marzo de 2011,[1] foi unha filósofa feminista e a autora do libro Maternal Thinking: Toward a Politics of Peace.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse no Vassar College en 1957 e doutorouse na Universidade Harvard en 1964. Ensinou filosofía e estudos das mulleres no New School of Social Research catro anos. Foi galardoada co premio á filósofa máis destacada do ano pola Society for Women in Philosophy en 2002. A American Philosophical Association organizou unhas xornadas en San Diego en 2012 sobre o seu traballo.[4] Participou no proxecto de historia oral, Feminist Philosophers: In Their Own Words, que ofrece entrevistas con filósofas feministas importantes implicadas no movemento feminista nas décadas de 1960 e 1970.

É moi coñecida pola análise das prácticas e do pensamento que emerxe do coidado dos nenos. Argumenta que a maternidade é unha actividade consciente que require eleccións, decisións diarias e unha reflexión continua e alerta.[5] Lisa Baraitser considera que a súa contribución: "Xunto con Adrienne Rich, Ruddick foi probabelmente a pensadora máis importante que abordou a cuestión da mothering e da motherhood desde a segunda onda do feminismo, e cun espírito similar ao de Grace Paley, ampliando a súa análise de maternidade baixo o patriarcado ao desenvolvemento dos valores necesarios para opoñerse ao militarismo e á guerra."[6]

  1. Grimes, William (22 de marzo de 2011). "Sara Ruddick, Philosopher Who Defended Mothering, Dies at 76". The New York Times. 
  2. Bailey, Alison (1994). "Mothering, Diversity and Peace Politics: A Critical Analysis of Sara Ruddick's Maternal Thinking: Toward a Politics of Peace". Hypatia 9 (2): 188–198. SSRN 1541553. doi:10.1111/j.1527-2001.1994.tb00440.x. 
  3. Tong, Rosemary; Nancy Williams (2009). "Feminist Ethics". Stanford Encyclopedia of Philosophy. Consultado o 23 de abril de 2010. 
  4. 'Maternal Thinking' as Intellectual Gold for International Relations: A Panel in Honor of Sara Ruddick (1935-2011)."
  5. "Sara Ruddick, 1935-2011 [updated again]". 22 de marzo de 2011. 
  6. Baraitser, Lisa (2011). "Sara Ruddick 1935-2011". Radical Philosophy. Consultado o 28 de abril de 2014. 

 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Polly F. Radosh, "Sara Ruddick's Theory of Maternal Thinking Applied To Traditional Irish Mothering," Journal of Family History, 33,3 (2008), 304–315.