Sara Inés Vega
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) Monforte de Lemos, España |
Alcaldesa de Castro Caldelas | |
novembro de 2014 – ← Eladio Osorio | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Sara Inés Vega Núñez, nada en Monforte de Lemos en 1960, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi presidenta da Federación Provincial de Asociacións de Pais de Alumnos de Ourense. Auxiliar administrativa do concello de Castro Caldelas, foi despedida polo alcalde popular en 1997 e readmitida logo de sentenza xudicial [1]. Concelleira do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas dende 1999, foi primeira tenente de alcalde en 2011. Logo da dimisión do alcalde Eladio Osorio Castro en novembro de 2014 foi elixida alcaldesa de Castro Caldelas[2]. En 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e revalidou a alcaldía con maioría absoluta. Volvería a ser reelexida alcaldesa por maioría absoluta en 2019. En 2023 concorreu novamente como candidata socialista e revalidou a maioría absoluta. Porén, un erro na custodia do voto emigrante supuxo que as eleccións se repetisen no mes de novembro, nas cales revalidou a maioría absoluta e aumentou apoios[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Despedida por pasear con el "enemigo"
- ↑ "Sara Inés Vega, nova alcaldesa de Castro Caldelas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 08 de novembro de 2014.
- ↑ La socialista Sara Inés Vega mantiene la mayoría absoluta en la repetición electoral en Castro Caldelas
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Eladio Osorio Castro |
Alcaldesa de Castro Caldelas 2014 - actualidade |
Sucesor: no cargo |