Sara Estévez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 (98/99 anos) Bilbao, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Sara Estévez Urquijo, nada en Bilbao en 1925, coñecida tamén como Maratón[1] ou Marathon,[2] é considerada a primeira muller xornalista, cronista deportiva e directora dun programa deportivo radiofónico. Traballou en Radio Juventud de Vizcaya, Cadena Azul de Radiodifusión, Radio Cadena Española e Radio Nacional de España. Entre 1954 e 1990 realizou crónicas do Athletic Club e dirixiu un espazo sobre o deporte base biscaíño baixo o pseudónimo de Maratón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sara Estévez Urquijo, coñecida como Sarita, naceu no barrio bilbotarra de San Francisco en 1925. Quedou orfa de pai aos 2 anos e viu a 4 dos seus 8 irmáns morreren novos. Cando quixo ser maior de idade, a súa cidade xa caera en mans franquistas. Unha irmá súa, mestra, aprendeulle a ler e escribir. Na adolescencia estudou taquigrafía, mecanografía e contabilidade e entrou a traballar na empresa Unquinesa de Lamiako. Alí acadou o posto de secretaria de dirección.
En 1947 aproveitou a paga extra do 18 de xullo para facerse abonada (daquela as mulleres non podían ser socias) do Athletic de Gainza, Iriondo, Panizo, Venancio e Zarra.[3][4]
Aos poucos conseguiu introducirse no ambiente futbolístico e chegou a colaborar en Radio Juventud. Creou unha rede de correspondentes anónimos para solicitar os resultados dos encontros disputados en Biscaia e transmitilos antes das 11 da noite no programa faladoiro Stadium da emisora.[5]
Alí naceu tamén o seu 'alter ego', o misterioso xornalista deportivo Marathon. Os seus comentarios, locutados por Francisco Blanco, convertéronse entre 1954 e 1990 en referencia da crítica futbolística da época.[4][6] Até 1973 ninguén soubo a identidade real de Marathon.[3]
Xubilouse en 1990 tras 38 anos na radio. Foi reporteira de rúa e traballou en todos os ámbitos informativos, en especial os deportivos. Tamén colaborou en El Correo con artigos sobre os partidos do Athletic.
A Asociación de Periodistas Vascos (APV) distinguiuna en 2009 co Premio Periodistas Vascos na súa segunda edición, en recoñecemento a unha vida de entrega ao xornalismo e á radio. Desde o anonimato abriu novos camiños e converteuse na primeira muller cronista de fútbol e directora dun programa deportivo.[7]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- León de bronce do Athletic Club.
- Placa de prata da Real Federación Española de Fútbol
- Insignia de ouro do Arenas Club de Getxo
- Medalla de prata ao mérito deportivo.[4]
- Premio Xornalistas Vascos da Asociación de Xornalistas Vascos (2009)[8]
- Nomeada Ilustre de Bilbao en 2016[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rivas, Jon (17 de maio de 2021). "La voz sin voz del periodismo deportivo". El País (en castelán) (Bilbao: Grupo Prisa). Consultado o 20 de marzo de 2023.
- ↑ "Sara Estévez: "El Athletic me decepciona muchas veces y me gustaría que fuera como en su época, elegante"". EITB (en castelán). 3 de marzo de 2023. Consultado o 20 de marzo de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "Iribar y Sara Estévez, entre los nuevos Ilustres de Bilbao". El Correo (en castelán) (Bilbao: Vocento). 1 de decembro de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Relaño, Alfredo (28 de decembro de 2014). "Marathon, la voz que escondía a una mujer". El País (en castelán) (Grupo Prisa). Consultado o 21 de marzo de 2023.
- ↑ "Entrevista Sara Estévez, Marathon". Radio Euskadi - EITB (en castelán). 7 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de marzo de 2023.
- ↑ Castañón Rodríguez, Jesús. "Sara Estévez Urquijo". Idioma y deporte (en castelán). Consultado o 21 de marzo de 2023.
- ↑ Pato, Ignacio (4 de xaneiro de 2017). "El misterio de la chica que lo clavaba". Playground (en castelán). Consultado o 21 de marzo de 2023.
- ↑ "Sara Estévez, “Ilustre de Bilbao 2016” por el Ayuntamiento de Bilbao". Periodistas Vascos (en castelán). 1 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2023.
- ↑ "Aburto entrega las distinciones a los cinco nuevos "Ilustres de Bilbao 2016"". eldiario.es (en castelán) (Bilbao). Europa Press. 14 de decembro de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2023.