Santuario da Tuiza
Santuario da Tuiza | |
---|---|
Datos xerais | |
País | España |
Advocación | A Nosa Señora das Neves |
Localización | Os Chous (Lubián) |
Coordenadas | 42°01′52″N 6°55′32″O / 42.031113292823, -6.9254808474828 |
Catalogación | Ben de interese cultural |
Culto | |
Diocese | diocese de Astorga |
Arquitectura | |
Construción | século XVIII |
Estilo | Arquitectura barroca |
Identificador | RI-51-0008700 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Santuario da Tuiza é un templo barroco situado no termo dos Chous, pertencente ao concello de Lubián da provincia de Zamora.
En 1995 foi declarado ben de interese cultural con categoría de monumento. É un dos exemplos máis interesantes e de maior raizame popular, da bisbarra zamorana de Seabra e lugar de celebración dunha coñecida romaxe. O edificio responde a un esquema barroco moi puro, con claras influencias galaico-portuguesas, sobresaíndo a súa torre, na que son de admirar a súa cúpula e lanterna, ornadas con rica decoración de volutas.[1]
Situación
[editar | editar a fonte]O santuario encóntrase no termo dos Chous, localidade próxima e pertencente ao concello de Lubián. Encóntrase situado ao fondo dun val e ao pé da vía A-52.[2] Se encontra situado nunha bela paraxe, rodeada de abundante arboredo, con paisaxes claramente galegas formadas por fentos, carballos, lamigueiros e piñeiros que forman unha especie de bosque.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]A súa primeira localización estivo nunha paraxe chamada "Cavados", no termo de Chaos, aínda que no século XVIII foi traslada a súa actual localización. A tradición afirma que a capela da primeira ermida foi reconstruída na súa planta cadrada pedra a pedra, correspondendo pois coa actual capela maior; tamén se afirma que a torre ten a mesma procedencia. Ambas as dúas afirmacións populares non encontran a súa xustificación á vista do actual inmoble, ao máis reaproveitaríanse algúns materiais na construción da actual igrexa.[4]
Conta tamén a tradición que un dos colectivos máis devotos da Virxe de Tuiza foron os segadores galegos no seu ir e vir a traballar en verán a Castela e León.
Descrición
[editar | editar a fonte]Edificio con planta de cruz latina, no que a cabeceira e brazos do cruceiro son rectos e de escaso fondo. Do exterior destaca como unha obra allea aos gustos zamoranos e moi influenciada polas correntes galegas. Construída con bo cadeirado, conta cunha cuberta de lousa ao estilo da arquitectura da bisbarra de Seabra. A torre é cadrada no que se encontran os vans das campás e o cupulín, sendo aquí onde se concentran todos os motivos decorativos, pois a fábrica se caracteriza pola súa desornamentación. O brazo de cruceiro contén unha xanela apaisada para poder contemplar a Virxe dende o exterior cando o templo se encontra pechado.
Do seu interior destacan as súas bóvedas pétreas de medio canón soportadas sobre pilastras. O edificio conta cunha porta principal, existindo outras dúas na nave que se encontran enfrontadas e alinteladas.
Festividade
[editar | editar a fonte]Os días grandes deste santuario son o último domingo de setembro e o día da nosa Señora das Neves, o 5 de agosto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DECRETO 203/1995, do 28 de setembro, polo que se declara Ben de Interese Cultural, con categoría de monumento, a favor do Santuario de La Tuiza, en Lubián (Zamora)
- ↑ "Santuario da Tuiza". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2010. Consultado o 14 de agosto de 2013.
- ↑ "Guía de Camiños Históricos a Santiago". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2013.
- ↑ "Santuario da Tuiza na web da Xunta de Castela e León.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2013.