Santiago Tarrío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSantiago Tarrío
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Touro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngolfista Editar o valor em Wikidata
Deportegolf Editar o valor em Wikidata

Santiago Tarrío Ben, nado en Touro o 21 de novembro de 1990, é un golfista galego que actualmente compite no Challenge Tour, no que conseguiu dúas vitorias.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao golf aos 7 anos no Club de Golf Val de Rois, por influencia de seu pai, golfista profesional, e aos 17 decidiu facerse el tamén profesional.[1][2] Comezou a competir internacionalmente en 2016.[2] Anteriormente participara en España en dous eventos do Alps Tour de 2015, sen conseguir pasar o corto. Con todo, acabou cuarto cuarto na Escola de Cualificación do Alps Tour a finais de 2015, conseguindo un posto regular na edición de 2016. Foi subcampión do Alps Costa do Sol de 72 buratos, a tres golpes de Tom Shadbolt, e rematou a tempada 26º na Orde do Mérito.[3] Na Orde do Mérito de 2017 foi 19º, rematando un golpe detrás de James Sharp no Cervino Open.[4] Ademais gañou tres eventos en 2016 e 2017 no Gambito Tour nacional.[5][6]

O 2018 foi un ano de grandes progresos para o xogador galego, que gañou dúas probas do Alps Tour, o Open de Gösser e o Open Internacional da Mirabelle d'Or de 72 buratos. Ademais acabou dúas veces segundo e liderou a Orde do Mérito, conseguindo un posto no Challenge Tour de 2019.[6]

O seu mellor resultado no Challenge Tour de 2019 foi un empate no 4º posto no Open da Bretaña e acabou a tempada no posto 63º da Orde do Mérito.[7] No Challenge Tour de 2020, limitado pola pandemia de COVID-19, Tarrío obtivo un cuarto posto no Dimension Data Pro-Am en Suráfrica e o segundo posto na Gran Final do Challenge Tour, finalizando a tempada sétimo na Orde do Mérito.[7]

Conquistou o seu primeiro evento do Challenge Tour en xuño de 2021, gañando un playoff a tres para o D+D Real Czech Challenge.[8] A semana seguinte foi terceiro no Challenge de Cádiz e conseguiu a súa segunda vitoria unha semana despois no Challenge de España.[9][10] En agosto de 2021 terminou terceiro en solitario no Hero Open, un evento do PGA European Tour, despois de facer dous birdies en dous dos tres últimos buratos.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García-Ramos, Pablo (14 de outubro de 2021). "Un golfista llamado Santiago Tarrío". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "About me/Sobre mí". santiagotarrio.wordpress.com (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  3. "Tom Shadbolt se impone en el Alps Costa del Sol" (en castelán). 18 de setembro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  4. "Jon Rahm, cuarto en el Dell Technologies Championship, sigue en la mejor línea" (en castelán). 4 de setembro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  5. "Santiago Tarrio vuelve a triunfar y se lleva la gran final de Zaudín tras un play off" (en castelán). 24 de novembro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  6. 6,0 6,1 "Programa Pro Spain Team - Promoción 2021" (PDF). rfegolf.es (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  7. 7,0 7,1 "Santiago TARRIO". europeantour.com (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  8. "Tarrio claims maiden Challenge Tour victory in Czech Republic" (en inglés). 6 de xuño de 2021. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  9. "Tarrio triumphs in Spain to move into pole position on Road to Mallorca" (en inglés). 18 de xuño de 2021. Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  10. "Santiago TARRIO". europeantour.com (en inglés). Consultado o 23 de xaneiro de 2024. 
  11. "Hero Open: Grant Forrest dedicates 'dream' first European Tour title to late dad". BBC (en inglés). 8 de agosto de 2021. Consultado o 23 de xaneiro de 2024.