Santa Elena (sitio arqueolóxico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estela I.

Santa Elena (en maia: Wak’aab’-[h]a’) é un sitio arqueolóxico pertencente á cultura maia precolombiana, que se atopa no concello de Balancán, no estado mexicano de Tabasco.

Santa Elena, pertence ás cidades da conca do Usumacinta do mesmo xeito que Pomoná, Moral Reforma, Palenque, Bonampak, Yaxchilan e Pedras Negras. Atópase no leste de Tabasco, e foi unha poboación de mediana importancia, xunto coas súas veciñas Pomoná, Moral Reforma e San Claudio, con quen practicaba un intenso intercambio comercial.

No presente, Santa Elena é unha zona arqueolóxica que está a ser explorada polo INAH, polo que o sitio atópase pechado ó público.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O título real, ou glifo emblema, desta cidade maia foi identificado recentemente por David Stuart, polo que se sabe que o nome orixinal foi Wak’aab’-[h]a’ e foi a capital do señorío do mesmo nome.

O nome moderno fai referencia á poboación do mesmo nome que se atopa máis próxima ó sitio arqueolóxico.

Localización[editar | editar a fonte]

O sitio arqueolóxico de Santa Elena está situado na beira esquerda do río San Pedro Mártir, 95 quilómetros ó sueste da cidade de Balancán de Domínguez cabeceira municipal de Balancán, no leste do estado de Tabasco, preto da comunidade La Asunción, nos límites do concello de Tenosique, o que motivou unha pugna entre ambos os municipios pola localización do sitio arqueolóxico.

Notas[editar | editar a fonte]