Santa Comba de Carnota, Carnota
Santa Comba de Carnota | |
---|---|
Solpor sobre a praia de Carnota coa igrexa de Santa Comba e o cemiterio. | |
Concello | Carnota[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°49′19″N 9°05′17″O / 42.822, -9.0881 |
Poboación | 928 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Comba de Carnota é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carnota. Segundo o IGE en 2018 tiña 928 habitantes (503 mulleres e 425 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.299 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial foi construída en 1755, substituíndo unha románica anterior, de reducidas dimensións. Forma un conxunto monumental co hórreo, a casa reitoral e o pombal de planta circular. É de estilo barroco clasicista, de planta de cruz latina, con dúas naves laterais. O retablo é obra do escultor Ferreiro. A elevada torre engadiuse no século XIX, e a súa autoría atribúese a Carlos Aboy.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Carnota.
-
Igrexa parroquial.
-
Capela de San Gregorio.
-
Hórreo de Carnota.
-
Fachada da igrexa de Santa Comba.
-
Hórreo en Carnota
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santa Comba de Carnota
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Santa Comba de Carnota no concello de Carnota (A Coruña) | |
---|---|
A Agra das Breas | Carnota | Freán | A Insua | Lagareiros | Maceiras | Mallou | Nóutigos | Pedrafigueira | Pedramarrada |
Parroquias de Carnota
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carnota | |
---|---|
Lariño (San Martiño) | Lira (Santa María) | O Pindo (San Clemente) | San Mamede de Carnota (San Mamede) | Santa Comba de Carnota (Santa Comba) |