Sangre de Muerdago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sangre de Muérdago»)
Sangre de Muerdago
OrixeLeipzig, Alemaña
Período2007 – actualidade
Xénero(s)Folk, música galega
MembrosPablo Caamiña Ursusson
Georg "Xurxo" Börner
Mara Winter
Na rede
https://www.sangredemuerdago.com/
Facebook: thecrowcallstheravenblack Instagram: sangredemuerdago Youtube: UC-ZrX-Rzq_UNa3aoimaOhFA Musicbrainz: 7a77e35e-e846-4947-8eaa-b71be2cab934 Editar o valor em Wikidata

Sangre de Muerdago é unha banda galega de neofolk afincada en Leipzig (Alemaña) liderada por Pablo Caamiña Ursusson.[1][2][3]

As súas letras en galego tratan temas relacionados coa natureza con elementos místicos e inspíranse na tradición galega.[1] A súa música inclúe instrumentos tradicionais como a zanfona e a nyckelharpa. Musicalizaron poemas de escritores galegos como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro e Manuel María.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ursusson comezou a súa carreira musical como membro do grupo crust punk Ekkaia.[4] Xunto con Jorge Olson de Abreu, fundou Sangre de Muerdago e gravaron a súa primeira demo en 2007. Gravaron e autoeditaron o seu primeiro álbum homónimo de longa duración en 2009.[1]

Ursusson formou parte doutros proxectos musicais posteriormente, como o grupo de crust punk Cop on Fire e a banda de black metal Antlers.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Dende a súa formación, lanzaron 6 álbums de longa duración, así como varios EPs e traballos noutros formatos.

Ano Título Formato
2007 Sangre de Muerdago Demo
2010 Sangre de Muerdago LP
2013 Deixádeme morrer no bosque LP
2014 Nas fragas do río Eume EP
2014 Braided Paths Álbum split con Novemthree
2015 Lembranzas dende o lado salvaxe Recompilatorio
2015 O camiño das mans valeiras LP
2017 Os segredos da raposa vermella EP
2018 Vagalumes EP
2018 Noite LP
2020 As voces da pedra Álbum split con Monarch
2020 Xuntas LP
2021 Cantiga de folhas e agulhas Live session con Judasz & Nahimana
2022 Cantiga da rainha das augas Live session con Judasz & Nahimana
2023 O Vento que lambe as miñ​as feridas LP

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Sangre de Muerdago - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2023-04-25. 
  2. "SANGRE DE MUERDAGO" (en castelán). Consultado o 2023-04-25. 
  3. "Sangre de Muérdago: "Lo que hacemos en tiempos de covid es bailar una canción mental de la cual no sabemos el ritmo"" (en castelán). 2021-01-31. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2023. Consultado o 2023-04-25. 
  4. 4,0 4,1 "Pablo C. Ursusson interview (Sangre De Muerdago, Ekkaia)". 2021-11-15. Consultado o 2023-04-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]