Samurai Cop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Samurai Cop
Ficha técnica
Título orixinalSamurai Cop
DirectorAmir Shervan
ProdutorOrlando Corradi
Amir Shervan
GuiónAmir Shervan
Intérpretes
MúsicaAlan DerMarderosian
FotografíaPeter Palian
MontaxeRuben Zadurian
Amir Shervan
EstudioHollywood Royal Pictures
DistribuidoraDemel International Corporation
Cinema Epoch
Estrea1991
Duración96 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento7 000 dólares
Recadación384 000 dólares
Na rede
IMDB: tt0130236 Allocine: 171768 Rottentomatoes: m/samurai_cop Allmovie: v303657 Editar o valor em Wikidata

Samurai Cop é un filme estadounidense de 1991 escrito, coproducido e dirixido por Amir Shervan e protagonizado por Robert Z'Dar, Matt Hannon e Mark Frazer. Conseguiu converterse nun filme de culto.[1]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Mathew Karedas como Joe Marshall (acreditado como Matt Hannon)
  • Robert Z'Dar como Yamashita
  • Mark Frazer como Frank Washington
  • Cranston Komuro como Fuj Fujiyama
  • Janis Farley como Jennifer
  • Gerald Okamura como Okamura
  • Dale Cummings como Capitán Rohmer
  • Melissa Moore como Peggy
  • Jimmy Williams como oficial Carter

Accollida e legado[editar | editar a fonte]

O filme gañou seguidores e acadou o status de clásico de culto debido ao seu humor involuntario.[2]

Secuela[editar | editar a fonte]

Gregory Hatanaka, fundador de Cinema Epoch, produciu e dirixiu unha secuela, Samurai Cop 2: Deadly Vengeance, que se estreou en 2015.[2]

Nunha entrevista de Vice revelouse que o actor principal de Samurai Cop, Mathew Karedas, (que foi acreditado como Matt Hannon) axudou a que o filme gañase sona porque moitos fans pensaron que levaba anos morto.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The 100 Best "B Movies" of All Time - Paste". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2018. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Azevedo, Jeremy (10 de setembro de 2014). "We Met the Star of 'Samurai Cop', One of the Best (and Worst) Action Movies of All Time". Vice. Consultado o 16 de febreiro de 2014. 
  3. Azevedo, Jeremy (2014-09-09). "We Met the Star of 'Samurai Cop,' One of the Best (and Worst) Action Movies of All Time". Vice.com. Consultado o 2020-04-30.