Samurai Champloo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Samurai Champloo
{{{caption}}}
サムライチャンプルー
((Samurai Chanpurū))
Anime ''
Dirixido por Shinichirō Watanabe
Estudio Manglobe
Canle televisiva Fuji TV
Primeira emisión 20 de maio do 2004
Última emisión 19 de marzo de 2005
Núm. de capítulos 26
Manga
Creado por Shinichirō Watanabe
Editor Kadokawa Shoten
Publicado en Kadokawa Shoten
Primeira edición 2 de agosto do 2004
Última edición 29 de outubro do 2004
Núm. de volumes 2

Samurai Champloo (サムライチャンプルー Samurai Chanpurū?) é unha serie de anime dirixida por Shinichirō Watanabe, famoso por Cowboy Bebop. A serie ambiéntase nunha versión ficticia do Período Edo, mesturando elementos reais da época con elementos modernos como o hip-hop. O termo "champloo" vén dunha palabra do dialecto de Okinawa, "Champuruu" que significa "mesturar".

O anime lanzouse ó ar na canle xaponesa Fuji TV o 20 de maio do 2004 rematando o 19 de marzo do 2005. Estreouse na Galiza no verán do 2008, emitíndose na canle autonómica TVG dentro do programa xuvenil Xabarín Club. O 14 de setembro do 2009, e coincidindo asemade coa nova programación da G2, Samurai Chanploo comezou a se emitir na devandita canle galega de luns a venres nun horario nocturno. Posteriormente, volvería ser reemitido a partir do 21 de febreiro do 2024 na mesma canle, en horario de tarde (20:00h), de luns a venres. Paralelamente, tamén se incorporou á plataforma de vídeo baixo demanda, Xabarín.gal.

A serie, recibiu unha adaptación para o manga na revista Shonen Ace en agosto de 2004 a outubro do mesmo ano.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Fuu, unha moza de 15 anos, traballaba nunha casa de té ata que foi destruída por unha violenta pelexa a tres bandas entre Mugen, o vagabundo, Jin, o samurai errante, e os gardacostas do fillo do Daikan (gobernador) dese pobo. Ó final do combate Mugen e Jin son arrestados para seren executados no día seguinte. Fuu tenta facer un trato con estes dous fulanos, axudaralles a fuxir se en troques, axúdana a atopar ó samurai que recende ós xirasoles. As cousas non serán tan doadas, xa que Mugen e Jin están sempre tentando acabar o un co outro, unha rivalidade eterna case profesional. Ambos samurais teñen un pasado borroso; Mugen, de ascendencia pirata chama a atención coa súa vestimenta e o seu estraño xeito de pelexar. Jin, samurai silencioso e de mirada fría, de poucas palabras, é acosado varias veces por distintos samurais da rexión, na súa viaxe cara Nagasaki. Ex alumnos do dōjō do que el procede, asédiano tratando de o eliminar, debido á súa reputación e á historia que lle precede.

Dobraxe[editar | editar a fonte]

Personaxe Voz galega Voz orixinal
Mugen Óscar Fernádez Kazuya Nakai
Jin Antón López Ginpei Sato
Fuu Kasumi Chelo Díaz Ayako Kawasumi
Nokogiri Manzou Antón Cancelas Unshou Ishizuka

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Samurai Champloo na web da TVG