Saltar ao contido

Salón de peiteado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un salón de peiteado[1] é un local onde se ofrecen varios servizos estéticos, principalmente o corte de pelo, pero tamén adoitan realizarse outros como peiteado, afeitado, depilado, manicura, pedicura etc. Cando se trata de moitos servizos diferentes adoita chamarse salón de beleza e os especializados en barbear, barbaría.

A referencia máis antiga que se ten sobre a existencia de coidados cosméticos no pelo remítenos a Exipto, onde se empezaron a realizar os cambios máis significativos en canto á cosmética capilar. Nesa nación o pobo, como acontecía en moitos outros, pelábase a cabeza, aínda que non así os sacerdotes e os membros da elite gobernante, que se dedicaba a coidar o seu cabelo xogando con diferentes peiteados e tonalidades. As perrucas tamén tiveron o seu auxe, e predominaban as tradicionais de pelo laso, con flocos, cortado moi parello nun longo que chegaba aos ombros. Pero outra grande achega dos exipcios foi en canto á coloración, xa que descubriron a utilidade da henna, que lles permitiu obter cores avermelladas e caobas.

O traballador do salón de peiteado é o peiteador ou peiteadora, ou barbeiro.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salón.