Saltar ao contido

Salchipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salchipapa
Gastronomía do Perú Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Composto por
Wikidata C:Commons

As salchipapas son un prato de comida rápida popular[1] consumida en distintos países de América latina como Bolivia,[2] Chile, Colombia, Ecuador e o Perú. Consiste nun prato de salchichas enteiras ou cortadas en toros, acompañadas de patacas fritidas e diversos mollos. Como é o caso doutras comidas lixeiras populares de Suramérica, como as empanadillas e os anticuchos, as salchipapas son vendidas ata altas horas da noite. A expansión do consumo do prato chegou ata os Estados Unidos de América, onde restaurantes latinoamericanos inclúen as salchipapas no seu menú. Este fenómeno tamén pode ser observado en certas cidades de España, particularmente nas que teñen unha notoria presenza latinoamericana.

O seu nome está composto polas palabras que designan os seus ingredientes principais en castelán, "salchicha" (salchicha) e "papas" (patacas).

  1. Jenkins, Dilwyn. "The Rough Guide to Peru" (en inglés). Books.google.com. Consultado o 9/01/2011. 
  2. Los precios de papa, arroz y trigo en Bolivia: Un analisis del periodo 1980-96