Karlamagnús saga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Saga de Carlomagno")
Saltar ata a navegación Saltar á busca

A Karlamanús saga (en galego Saga de Carlomagno) é unha compilación de sagas arredor da figura do emperador Carlomagno traducidas de cancións de xesta norueguesas ao antigo noruegués no século XIII na corte de Håkon Håkonarson principalmente. Esta compilación foi transcendental para o desenvolvemento literario dos países nórdicos, realizáronse versións suecas, dinamarquesas e inspirou composicións de autores noruegueses, suecos, dinamarqueses, islandeses e feroeses. Ademais moitas das cancións de xesta traducíronse de versións antigas que non se conservaron.

A Saga de Carlomagno componse de 12 sagas diferentes, Otvels þáttr (Chanson d'Otinel) Runzivals þáttr (Chanson de Roland), Jórsalaferð (Voyage de Charlemagne en Orient), O Pseudo-Turpin e outras.