Saab 340 AEW&C

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Saab 340 AEW&C
Saab 340 Argus VBY.jpg
TipoAEWCS
FabricanteSaab
Primeiro voo1994
Introducido1997
Estadoen servizo
Principais usuariosForza Aérea de Suecia
Real Forza Aérea de Tailandia
Produción1994 - 1999
Unidades construídas12

Saab 340 AEW&C é un avión sueco de alerta temperá e control aerotransportado (AEW&C). Trátase dunha versión do avión de pasaxeiros Saab 340 e é designado S 100B Argus pola Forza Aérea de Suecia.

Historial operacional[editar | editar a fonte]

A Administración de Material da Defensa (FMV) pedíu seis exemplares do Saab 340 AEW&C. Os primeiros exemplares do S100B Argus, que usaba o sistema FSR890, entregáronse á Forza Aérea de Suecia no ano 1997.[1] Suecia vendeu catro dos seus avións e os dous restantes substituíron o sistema FSR890 polo ASC890 no ano 2010, pasando a designarse S100C.[1] Os dous avións operados pola forza aérea sueca están baseados na base aérea de Malmen, en Linköping, e operan para a 72 División Especial.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "TP 100 – Historik och FV". Svensk Militär Flygplanshistorik (en sueco). 2021-07-15. Consultado o 2022-04-10. 
  2. Försvarsmakten. "S 100 D". Försvarsmakten (en sueco). Consultado o 2022-04-10.