STS-73

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-73
Lanzamento da misión STS-73.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento20 de outubro de 1995, 13:53 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión15,91 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentación no módulo laboratorio USML-2.[3][6]
Regreso5 de novembro de 1995[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1995-056A

STS-73 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 20 de outubro de 1995 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-73, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos no módulo laboratorio USML-2. Os experimentos abranguían campos relacionados coa física de fluídos, ciencia de materiais, a bioloxía e o estudo da combustión. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth D. Bowersox, o piloto Kent V. Rominger, a comandante de carga Kathryn C. Thornton, os especialistas de misión Catherine G. Coleman, Michael E. Lopez-Alegria e os especialistas de carga Fred W. Leslie e Albert Sacco.[3][5][6][7]

USML-2 proseguiu algúns dos experimentos levados a cabo no USML-1, durante a misión STS-50. A bordo levaba experimentos de física de fluídos, ciencia de materiais, cristais de proteína e ciencia da combustión.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 5 de novembro de 1995.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 73" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 31 January 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-80746T). 9 de febreiro de 1996: 14. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 73" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-73 - USML-2" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-73" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (1 de abril de 2010). "STS-73" (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]