STS-3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-3
Lanzamento da misión STS-3
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento22 de marzo de 1982, 16:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión8,00 días[6]
Obxectivo da misiónTerceiro voo de probas do Columbia.[3][6]
Regreso30 de marzo de 1982[6]
Sitio de regresoBase White Sands da Forza Aérea
NSSDC ID1982-022A

STS-3 foi a terceira misión de probas do transbordador espacial Columbia, lanzada o 22 de marzo de 1982 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-3, tripulada por Jack R. Lousma (comandante) e C. Gordon Fullerton (piloto) foi lanzada como terceira misión de probas do transbordador. Levaba a bordo varios experimentos da Oficina de Ciencia Espacial (OSS), tanto para verificar o rendmento do lanzador como para facer ciencia, entre eles un reactor de látex monodispers (MLR), unha proba de verificación de electroforese (EEVT) e un experimento de lignificación de plantas. Tamén levaba a bordo un paquete de diagnóstico de plasma, un experimento para estudar o potencial eléctrico arredor do transbordador (VCAP), un polarímetro para fulguracións solares en raios X, un monitor solar de irradiancia espectral e ultravioleta (SUSIM), un monitor de contaminación e un experimento de microabrasión.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base White Sands da Forza Aérea o 30 de marzo de 1982, a primeira e única vez que un transbordador aterrou nun lugar distinto da base Edwards ou de Cabo Cañaveral, debido a mal tempo na primeira.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 3 (OFT-3)" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 20 August 1982 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (82-24976). 22 de setembro de 1982: 6. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 3/OSS 1" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-3 / OFT-3" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-3" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-3" (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]