SLDCOM

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lanzamento fallado do SLDCOM 3.

SLDCOM (Satellite Launch Dispenser Communications) foi unha serie de satélites artificiais de comunicacións dos Estados Unidos[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites SLDCOM eran realmente a estrutura dos dispensadores dos foguetes Titan IV para os satélites NOSS 2 (denominada tecnicamente TLD, Titan Launch Dispenser) cunha electrónica de comunicacións por UHF. Despois de liberar os satélites NOSS 2, os SLDCOM manobraba ata chegar a unha órbita de 1100 km de perixeo e 9000 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 64,3°. A axencia responsable dos SLDCOM era a Oficina Nacional de Recoñecemento (NRO). Lanzáronse catro, dos cales tres chegaron a órbita con éxito, formando unha constelación que daba cobertura case continua ao hemisferio norte para dar soporte a servizos militares e gobernamentais.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
SLDCOM 1 8 de xuño de 1990 Titan IV Éxito
SLDCOM 2 8 de novembro de 1991 Titan IV Éxito
SLDCOM 3 2 de agosto de 1993 Titan IV Fallo
SLDCOM 4 12 de maio de 1996 Titan IV Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2023). "SLDCOM" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "SLDCOM (TLD)" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]