Shi Jian 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SJ 2»)
Shi Jian 2 / SJ 2
TipoCientífico
FabricanteCAST
Destino actualReentrado na atmosfera.[1][2][3]
Data de lanzamento19 de setembro de 1981[1][4][5]
Foguete portadorFB-1[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[1][2]
Obxectivo da misiónMedicións da contorna terrestre.[1][2]
Decaemento17 de agosto de 1982[4]
NSSDC ID1981-093D
Masa483 kg[1]

Shi Jian 2 ou SJ 2 foi un satélite artificial da China lanzado o 19 de setembro de 1981 a bordo dun foguete Feng Bao 1 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan xunto cos satélites Shi Jian 2A e Shi Jian 2B.[1][2][3]

Características[editar | editar a fonte]

SJ 2 foi deseñado pola Academia China de Tecnoloxía Espacial (CAST, en inglés). Tiña unha masa de 483 kg e forma de prisma octahédrico de 0,615 m de diámetro e 1,2 m de altura. Estabilizábase mediante xiro, alimentábase mediante catro paneis solares e levaba a bordo varios instrumentos para medir os micrometeoritos, a lixo espacial e o fondo electromagnético da contorna terrestre:

  • Un radar de microondas para estudar os restos en órbita cun tamaño de entre 3 e 10 cm a distancias de entre 600 e 1300 km.
  • Un detector de impactos para estudar os micrometeoritos e a presión da radiación.
  • Gran colector sensible, situado detrás dos paneis solares, para medir micrometeoritos.
  • Monitor óptico para detectar cambios na superficie dos paneis solares debidos a impactos.

O satélite reentrou na atmosfera o 17 de agosto de 1982. Un satélite idéntico non chegou a órbita nun lanzamento anterior, polo que SJ-2 pode considerarse o seu sucesor.[1][2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (10 de febreiro de 2021). "Shijian 2A" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2021). "SJ" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SJ 2" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2021. 
  4. 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SJ-2B" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2021. 
  5. Claude Lafleur (2021). "SJ-2 ("Chinasat 9")" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]