Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima
Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima | |
---|---|
Tipo | sea rescue organization |
Data de fundación | 1992 |
Presidente/a | José Luis Ábalos Meco (-) |
Organización matriz | Directorate-General for the Merchant Marine |
Premios | sen etiquetar e Premio René Cassin |
Sede | Madrid |
País | España |
Na rede | |
http://www.salvamentomaritimo.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, tamén coñecida polo acrónimo SASEMAR ou de modo extraoficial como Salvamento Marítimo, é un ente público empresarial encargado da seguridade marítima en augas españolas. Está baixo dependencia directa do Ministerio de Fomento de España por medio da Dirección Xeral da Mariña Mercante.[1] A súa fundación data do ano 1992, por mor da promulgación da Lei 27/92 de Portos do Estado e da Mariña Mercante, entrando en funcionamento no ano 1993.[2]
A Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima ten como principal tarefa a de levar a cabo operacións de procura e rescate nas zonas de responsabilidade asignadas a España, que cobren máis de 1 500 000 km².[3] Tamén ten asignadas outras tarefas como a loita contra a contaminación marítima, o control do tráfico marítimo -especialmente en zonas de gran tráfico como son o Estreito de Xibraltar e o dispositivo de separación de tráfico (DST) á altura de Fisterra -, e a asistencia a embarcacións.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Organigrama de la Dirección General de la Marina Mercante". Dirección General de la Marina Mercante - Ministerio de Fomento. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2017. Consultado o 20 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Ley 27/1992, de 24 de noviembre, de Puertos del Estado y de la Marina Mercante.". Noticias Jurídicas.
- ↑ "Sólo setecientas personas vigilan 1,5 millones de kilómetros cuadrados de mar en España (25 de junio de 2004)". Belt Ibérica. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de xaneiro de 2018.
La Organización Marítima Internacional (OMI) asigna a cada nación ribereña zonas de responsabilidad en materia de búsqueda y socorro (regiones SAR). A nuestro país le ha correspondido una superficie marina de 1,5 millones de kilómetros cuadrados, es decir, tres veces mayor que la del territorio nacional.
- ↑ "Informe Anual 2007 - Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima" (PDF). Salvamento Marítimo. Consultado o 7 de setembro de 2019.