Sótano de las Golondrinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 21°35′59″N 99°05′56″O / 21.599722222222, -99.098888888889

Vista dende o interior de Sótano de las Golondrinas.

Sótano de las Golondrinas é un abismo natural localizado no poboado de Aquismon pertencente ao estado mexicano de San Luis Potosí. É unha cova de orixe kárstico, formada pola erosión da auga nunha falla impermeable dunha planicie de pedra calcaria, e que ten a característica de ter unha abertura exterior notoriamente máis estreita ca no fondo, dándolle unha forma xeral cónica. A profundidade é duns 376 metros. A abertura superior encóntrase o nivel do chan e ten un diámetro próximo aos 60 metros, mentres que no fondo ten unha abertura máxima duns 300 metros, por 60 na súa parte mais estreita

Descubrimento[editar | editar a fonte]

Cotorras de Sótano de las Golondrinas.

Este accidente orográfico foi dado a coñecer en 1976, por un equipo de ornitólogos da universidade de Texas, que estaban realizando un estudo detallado das aves nas fosas da Huasteca potosina. Dave Whitacre, Devi Ukrain, Luis Fernando Villaseñor e César Alejandro Andrade, ambos ornitólogos descubriron nesta fosa un exemplo da importancia que teñen para as poboacións de aves da rexión, ao darlles nas súas escarpadas paredes refuxio contra os predadores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]