Río das Rozas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río das Rozas
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
NacementoCebreiro (O Pino)
Lonxitude5,5 km.
Desembocadurarío Lañas

O río das Rozas é un curso fluvial galego, afluente pola marxe dereita do río Lañas, que á súa vez verte as súas augas no río Ulla. Ten un percorrido duns 5,5 km.

Características[editar | editar a fonte]

Nace na parroquia de Cebreiro (O Pino), ao norte do campo da feira do Vinte e da capela de San Sadurniño. No seu curso asentan os muíños de Sabuceda e A Quintá (abandonados) e mais o muíño de Rozas.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.