Saltar ao contido

Río Negro, río Tera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Negro, río Tera
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSerra da Cabreira Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaprovincia de Zamora, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Teira Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaConca do Douro Editar o valor en Wikidata

O río Negro é un curso fluvial do noroeste da provincia de Zamora. Nace na serra da Cabreira e desauga no río Tera. Debe o seu nome por unhas algas que poboan os seus fondos e que na época estival adquiren unha cor escura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nace en pico Muelo de Reigada, pertencente á localidade de Escuredo (Rosinos de la Requejada), case no límite coa provincia de León. Á altura de Rioconejos recibe as augas do río Sapo e uns quilómetros máis abaixo, no termo de Rionegro del Puente (aínda que nun tramo de río agora convertido en central hidroeléctrica co Salto da Nosa Señora de Agavanzal) desemboca no río Tera. É un río de augas moi limpas e que conserva aínda especies de gran valor ecolóxico.