Russian Doll
Aparencia
| Russian Doll | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
Russian Doll é unha serie de televisión estadounidense de comedia e drama creada por Natasha Lyonne, Leslye Headland e Amy Poehler, que se estreou a través de Netflix o 1 de febreiro de 2019. A serie conta a historia de Nadia Vulvokov (Lyonne), unha desenvolvedora de xogos que morre repetidamente e revive a mesma noite nun bucle temporal en curso e tenta resolvelo, o que leva a que atope a Alan Zaveri (Charlie Barnett) na mesma situación. Está protagonizado por Greta Lee, Yul Vazquez, Elizabeth Ashley e Chloë Sevigny.
A primeira tempada recibiu catro nomeamentos aos Premios Primetime Emmy. En xuño de 2019,a serie foi renovada para unha segunda tempada, que se estreou o 20 de abril de 2022.[1][2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Natasha Lyonne como Nadia Vulvokov
- Brooke Timber como Nadia de moza
- Greta Lee cono Maxine
- Yul Vazquez como John Reyes
- Elizabeth Ashley como Ruth Brenner
- Kate Jennings Grant e Annie Murphy como Ruth de moza
- Charlie Barnett como Alan Zaveri
- Chloë Sevigny como Lenora Vulvokov
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Otterson, Joe (11 de xuño de 2019). "'Russian Doll' Renewed for Season 2 at Netflix". Variety. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ Cordero, Rosy (7 de marzo de 2022). "'Russian Doll': Netflix Sets Season 2 Premiere". Deadline Hollywood. Consultado o 7 de marzo de 2022.