Rubén Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rubén Domínguez
Nacemento18 de xuño de 1973
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Rubén Domínguez Domínguez, nado o 18 de xuño de 1973 en Vigo,[1] é un adestrador profesional de baloncesto galego, sendo o seu útlimo equipo o Club Ourense Baloncesto na Liga LEB Prata. É tamén licenciado en Psicoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A vinculación de Rubén Domínguez co Breogán comezou o 7 de febreiro de 2007, converténdose en adestrador asistente do por entón principal Paco García, manténdose no posto até final da tempada. Antes de chegar a Lugo, Domínguez adestrou ao Cíes de Vigo e ao Inelga de Vilagarcía. Durante estes anos tamén desempeñou como adestrador axudante da selección de baloncesto de Galicia.

Na campaña 2007-2008 Domínguez tamén foi adestrador axudante no Breogán, está vez de Sergio Valdeolmillos, pasando a ser presentado o 23 de xullo de 2009 como primeiro adestrador do equipo, labor que leva a cabo dende aquela. Despois dos malos resultados acadados ao comezo da tempada 2010-11 Rubén Domínguez foi cesado como adestrador do equipo o 12 de decembro. Na seguinte campaña asinara un contrato para adestrar ao Club Ourense Baloncesto, sendo de novo cesado o 3 de febreiro de 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]