Rosario Mariño de Lobeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

María del Rosario Mariño de Lobeira e Pardo de Figueroa, ou de Lobera, nada en Pontevedra o 14 de novembro de 1734[1] foi unha nobre galega do século XVIII da Casa Mariño de Lobeira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto e da dama betanceira María Juana Micaela Pardo de Figueroa, era a maior de catro irmás, todas mulleres. Grazas a iso herdou do seu pai os títulos de condesa do Arco, condesa de Guaro, marquesa de Villafiel e marquesa da Serra. Casou en 1751[1] co militar e nobre madrileño Antonio Patiño.

Viviu en Zaragoza.

Todos os seus títulos nobiliarios pasaron ao seu fillo Ramón Patiño Mariño de Lobeira, que xa naceu fóra de Galicia. A partir de Rosario Mariño, os posuidores destes títulos deixan de ser galegos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 de Cadenas Vicent, Vicente (1980). Caballeros de la Orden de Santiago. Siglo XVIII. Hidalguía. ISBN 8400046188.