Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de marzo de 1712 Palencia, España |
| Morte | valor descoñecido |
| Familia | |
| Fillos | Rosario Mariño de Lobeira |
| Pai | Fernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós |
Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto, nado en Palencia o 8 de marzo de 1712, foi un aristócrata galego do século XVIII da Casa Mariño de Lobeira.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Morgado de Fernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós, herdou deste os títulos de marqués da Serra e viceconde de Albeos, e da súa nai Isabel Nieto os de conde de Guaro e conde do Arco.
Con vinte anos casou coa dama betanceira Micaela Pardo de Figueroa, coa que tivo catro fillas; entre elas, a herdeira Rosario Mariño de Lobeira.