Rosalía Gómez Lasheras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosalía Gómez Lasheras
Nome completoRosalía Gómez Lasheras
Nacemento1994
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpianista
editar datos en Wikidata ]

Rosalía Gómez Lasheras, nada en Santiago de Compostela en 1994, é unha pianista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a estudar piano ós 5 anos de idade e ampliou os seus coñecementos no Conservatorio profesional de música de Santiago de Compostela, onde rematou os seus estudos profesionais en 2011 con Premio Extraordinario. Ese mesmo ano trasladouse aos Países Baixos para realizar estudos de Bachelor Degree no Utrecht Conservatory co profesor estadounidense Alan Weiss.

En 2013 obtivo o Primeiro Premio no concurso Young Pianist Foundation interpretando o Concerto para piano n.º 2 de Chopin, ademais do Laureates Award e as Mellores Interpretacións de Sonata Clásica, Schumann e Música Moderna. Tivo o seu recital debut no Concertgebouw de Ámsterdam.[1]

En 2015, o xornal El Correo Gallego outorgoulle o título de "Galega do Ano" pola súa salientable traxectoria.[2]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Chopin, VII Concurso de Piano Minho (Portugal, 2010)
  • XVI Concurso de Piano Infanta Cristina (Madrid, 2012), categoría xuvenil.[3]
  • XV Cicle de Primavera (Barcelona, 2012)
  • Concurso Young Pianist Foundation (Ámsterdam, 2013), Primeiro Premio.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Rosalía Gómez Lasheras deslumbra no prestixioso YPD Piano Competicion Grand Prix» www.elcorreogallego.es (30 de novembro de 2013).
  2. «La joven pianista prodigio Rosalía Gómez ingresa en el club de los Gallegos del Año», en www.elcorreogallego.es. (9 de novembro de 2014).
  3. Noticia en www.forumclasico.es. (en inglés)
  4. Información en www.amsterdo.com Arquivado 05 de marzo de 2018 en Wayback Machine.. (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]