Rosa Valdeón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rosa María Valdeón Santiago 1960 (63/64 anos) Toro, España |
Procuradora nas Cortes de Castela e León | |
16 de xuño de 2015 – 3 de novembro de 2017 Lexislatura: 9th Cortes of Castile and León (en) Circunscrición electoral: Zamora (en) Electa en: Castile and León parliamentary election, 2015 (en) | |
Procuradora nas Cortes de Castela e León | |
17 de xuño de 2003 – 18 de xuño de 2007 Lexislatura: 6th Cortes of Castile and León (en) Circunscrición electoral: Salamanca (en) Electa en: 2003 Castilian-Leonese regional election (en) | |
Alcaldesa de Zamora | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Lugar de traballo | Zamora |
Ocupación | política, médica |
Partido político | Partido Popular |
Rosa María Valdeón Santiago, nada en Toro o 17 de decembro de 1960, é unha política española do Partido Popular. É licenciada en Medicina pola Universidade de Salamanca. En 2007 foi elixida alcaldesa de Zamora.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de bacharelato no Instituto Cardenal Pardo Tavera, na súa vila natal. Máis tarde licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Salamanca, o que fixo que a maior parte da súa carreira profesional se desenvolvese no sector sanitario:[2]
- Inspectora Médica da Seguridade Social.
- Xefa da Área de Inspección do INSALUD en Zamora.
- Especializada en Recursos Humanos e Planificación Sanitaria.
- Directora do hospital Los Montalvos de Salamanca (1997).
- Cooperante en proxectos da ONG Médicos do Mundo, nos campos de refuxiados saharauís de Tindouf (Alxeria).
Actividade política
[editar | editar a fonte]En canto á súa vida política, como profesional sanitario exerceu de médica e inspectora médica e foi incorporada ao traballo político polo actual (2013) conselleiro da Presidencia da Xunta de Castela-León, José Antonio de Santiago-Juárez, en atención ás súas capacidades profesionais.[3] Ocupou nun principio un alto cargo na Consellaría de Sanidade para máis tarde entrar na política autonómica como Conselleira de Familia e Igualdade de Oportunidades.
No 2007, o presidente da Xunta de Castela e León, e do PP rexional, Juan Vicente Herrera, decidiu que fose ela quen ocupase a candidatura á alcaldía de Zamora. A súa vida política polo tanto, segue as seguintes etapas:
- Do 2001 ao 2003 ocupou o cargo de directora xeral de Saúde Pública na Xunta de Castela e León, para seguidamente ocupar praza de procuradora das Cortes de Castela e León no período 2003-2007 e, paralelamente, tomar posesión como conselleira de Familia e Igualdade de Oportunidades na mesma institución rexional, un dos departamentos con maior dotación orzamentaria da Xunta de Castela e León.[4]
- No 2007 abandonou o seu cargo no executivo autonómico para converterse na candidata do PP á Alcaldía de Zamora, posto que logrou a pesar de perder a maioría absoluta da súa formación.[5] É a primeira muller que desempeña dito cargo na cidade de Zamora.
Por outra parte, durante o seu goberno municipal ocupa os seguintes postos e cargos no Partido Popular:[2]
- Membro da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular.
- Membro do comité redactor do programa electoral do Partido Popular para as eleccións xerais do 2008.
- Vicesecretaria rexional do partido desde o último Congreso Rexional do 2008.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La hora del cambio". El Mundo (en español). Consultado o 23 de maio de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 Concello de Zamora (ed.). "Biografía, Rosa María Valdeón Santiago" (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2013. Consultado o 23 da maio de 2013.
- ↑ "Rosa Valdeón, la cara más social del PP". El Norte de Castilla (en español). Consultado o 23 de maio de 2013.
- ↑ "Rosa Valdeón, candidata del PP a la Alcaldía de Zamora: «Voy a luchar porque la Junta financie el cien por cien del nuevo puente de Zamora»". La Opinion de Zamora (en español). Consultado o 23 de maio de 2013.
- ↑ http://www.nortecastilla.es/20070528/castilla/queda-valladolid-psoe-palencia_200705280021.html