Rosa Valdeón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosa María Valdeón Santiago
Rosa Valdeón
Rosa Valdeón (2015)

Actualmente no cargo
Dende o 16 de xuño de 2007
Precedido por Antonio Vázquez Jiménez
Sucedido por No cargo

Datos persoais
Nacemento 17 de decembro de 1960 (63 anos) Toro (Zamora)
Partido Partido Popular
Profesión Médica

Rosa María Valdeón Santiago, nada en Toro o 17 de decembro de 1960, é unha política española do Partido Popular. É licenciada en Medicina pola Universidade de Salamanca. En 2007 foi elixida alcaldesa de Zamora.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de bacharelato no Instituto Cardenal Pardo Tavera, na súa vila natal. Máis tarde licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Salamanca, o que fixo que a maior parte da súa carreira profesional se desenvolvese no sector sanitario:[2]

  • Inspectora Médica da Seguridade Social.
  • Xefa da Área de Inspección do INSALUD en Zamora.
  • Especializada en Recursos Humanos e Planificación Sanitaria.
  • Directora do hospital Los Montalvos de Salamanca (1997).
  • Cooperante en proxectos da ONG Médicos do Mundo, nos campos de refuxiados saharauís de Tindouf (Alxeria).

Actividade política[editar | editar a fonte]

En canto á súa vida política, como profesional sanitario exerceu de médica e inspectora médica e foi incorporada ao traballo político polo actual (2013) conselleiro da Presidencia da Xunta de Castela-León, José Antonio de Santiago-Juárez, en atención ás súas capacidades profesionais.[3] Ocupou nun principio un alto cargo na Consellaría de Sanidade para máis tarde entrar na política autonómica como Conselleira de Familia e Igualdade de Oportunidades.

No 2007, o presidente da Xunta de Castela e León, e do PP rexional, Juan Vicente Herrera, decidiu que fose ela quen ocupase a candidatura á alcaldía de Zamora. A súa vida política polo tanto, segue as seguintes etapas:

  • Do 2001 ao 2003 ocupou o cargo de directora xeral de Saúde Pública na Xunta de Castela e León, para seguidamente ocupar praza de procuradora das Cortes de Castela e León no período 2003-2007 e, paralelamente, tomar posesión como conselleira de Familia e Igualdade de Oportunidades na mesma institución rexional, un dos departamentos con maior dotación orzamentaria da Xunta de Castela e León.[4]
  • No 2007 abandonou o seu cargo no executivo autonómico para converterse na candidata do PP á Alcaldía de Zamora, posto que logrou a pesar de perder a maioría absoluta da súa formación.[5] É a primeira muller que desempeña dito cargo na cidade de Zamora.

Por outra parte, durante o seu goberno municipal ocupa os seguintes postos e cargos no Partido Popular:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La hora del cambio". El Mundo (en español). Consultado o 23 de maio de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Concello de Zamora (ed.). "Biografía, Rosa María Valdeón Santiago" (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2013. Consultado o 23 da maio de 2013. 
  3. "Rosa Valdeón, la cara más social del PP". El Norte de Castilla (en español). Consultado o 23 de maio de 2013. 
  4. "Rosa Valdeón, candidata del PP a la Alcaldía de Zamora: «Voy a luchar porque la Junta financie el cien por cien del nuevo puente de Zamora»". La Opinion de Zamora (en español). Consultado o 23 de maio de 2013. 
  5. http://www.nortecastilla.es/20070528/castilla/queda-valladolid-psoe-palencia_200705280021.html