Rosa Castellanos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1834 Bayamo, Cuba |
Morte | 1907 (72/73 anos) Camagüey, Cuba |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Rosa María Castellanos y Castellanos, nada en Bayamo en 1834 e finada en Camagüey o 25 de setembro de 1907, coñecida como "Rosa la Bayamesa", foi unha escrava cubana liberada que tivo unha notable participación durante a guerra de independencia de Cuba, actuando principalmente como enfermeira e fundadora de varios hospitais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Castellanos foi orixinalmente unha escrava, filla de escravos procedentes de África.[1] Cando foi liberada, ela e o seu esposo, José Florentino Varona, uniuse á causa da guerra dos Dez Anos en 1868.[2] É incluída como precursora da práctica da enfermería en Cuba,[3] boa coñecedora das cualidades das plantas medicinais, durante o conflito asistiu doentes e feridos. Tamén confeccionou roupa e fixo de mensaxeira.[2]
En 1871, trasladouse a Camagüey, onde fundou diversos hospitais de sangue na serra de Najasa. O maior xeneral Máximo Gómez nomeouna capitá de sanidade e encomendoulle a misión de crear un hospital que recibiu o nome de «Santa Rosa» na súa honra.[2][1] Cando estoupou a guerra de independencia de Cuba (1895), tiña xa 60 anos, mais continuou colaborando cos rebeldes e Gómez volveuna poñer á fronte do hospital que ela fundou.[2] Afírmase que cando non había feridos que atender, ela mesma participaba nas accións bélicas.[2][1]
Despois da guerra, continuou traballando como comadroa. Morreu en Camagüey o 25 de setembro de 1907 e o seu cadáver foi velado publicamente na sede do concello da cidade.[2]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]No ano 2002 erixiuse unha estatua dela na saída de Bayamo, a súa cidade natal, obra de Alberto Lescay.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Oliva Ferrales, Mailenys (24 de setembro de 2020). Granma: órgano oficial del comité central del Partido Comunista de Cuba, ed. "Aquella «flor» mambisa" (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Hidalgo Martínez, Mabiel (25 de setembro de 2020). Biblioteca Nacional de Cuba José Martí, ed. "Sucesos y figuras de la Guerra Necesaria: Rosa Castellanos, La bayamesa" (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ Torres Esperón, Julia; Urbina Laza, Omayda (2009). "La Enfermería en la Salud Pública Cubana". Revista Cubana de Salud Pública. vol. 35.